Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
31/05/2010 | Noticias
O Club Cultural Valle-Inclán organiza un miniciclo de dous documentais que teñen como tema "Unha viaxe por Galicia". O primerira rodouse no ano 1929 e o segundo no 1958.
As proxeccións terán lugar os días 31 de maio e 2 de xuño, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a partir das 20,00 horas. A entrada será libre e gratuíta.
Para o desenvolvemento desta actividade contamos coa colaboración do CGAI que cede o material despois de ser restaurado e recuperado.
Máis información
Día 31 de maio, luns
UN VIAJE POR GALICIA
Ano 1929. Restauración 1991
Duración 105 minutos
Cor Branco e negro
Son Muda con intertítulos en castelán
Dirección Luis R. Alonso
Producción Deputacións galegas
Reconstrucción Alfonso del Amo, José L. Cabo, Manuel González
Montaxe negativo Beatriz Cervantes
Reproducción Manuel , S.L. e Fotofilm
Sinopse: Documental sobre Galicia realizado co gallo da Exposición Iberoameicana de Sevilla, co que se pretende dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia nun percorrido polas catro provincias. É a única longametraxe documental da Galica de preguerra. Hoxe en día o seu valor testemuñal e histórico é indubidable. A contemplación das arquitecturas desaparecidas, as mutacións na morfoloxía urbana, os contrastes entre o medio rural e a burguesía que paseaba polos balnearios, supoñen unha auténtica viaxe ó pasado dunha Galicia en grande medida xa desaparecida.
Día 2 de xuño, mércores
UN VIAJE POR GALICIA
Ano 1958
Duración 110 minutos
Cor Branco e negro
Dirección e Cámara Manuel Arís
Documental realizado en tres etapas, entre 1953 e 1958, na medida en que viaxaba a Galicia e ía recopilando material.
Estrea: 4 de decembro de 1958 no cine Gran Mitre de Buenos Aires (18 semanas en cartel).
Sinopse: A película arranca en Buenos Aires, sendo unha excursión polas catro provincias galegas, onde non faltan festas e romarías.