Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/12/2010 | Exposicións

Exposición "A modernidade construída. Arquitectura galega 1930-1970"

A delegación de Lugo inagura esta exposción o venres 17 as 20:30. O historiador e profesor  Xabier Louzao disertará sobre  ese periodo  en claves historicas, artísicas, arquitéctonicas, sociais e económicas.

O rematar servirase un viño español.

A MODERNIDADE CONSTRUÍDA.
ARQUITECTURA GALEGA 1930-1970.


PROPOSTA EXPOSITIVA.


A exposición “A modernidade construída. Arquitectura galega 1930- 1970” proponse como un achegamento do público ao rico patrimonio da arquitectura moderna en Galicia.
A exposición é itinerante, de fácil lectura e dirixida a un público xeral. As principais dificultades para ordenar e organizar o conxunto de 40obras seleccionadas son:
O forte corte temporal que supuxo a Guerra Civil e a posguerra no desenvolvemento da experiencia moderna.
A abundancia de novos programas funcionais e as imaxinativas respostas dados aos mesmos por esta arquitectura.
A ambigua e múltiple resposta de certas obras a clasificacións convencionais: tipológica; formal; ou funcional.
A necesidade de lecturas complexas e a súa conciliación coa claridade e o carácter didáctico da exposición
Polo exposto orgaizáronse as obras seleccionadas por rigoroso orde cronolóxico, definindo catro CAMPOS TEMÁTICOS, que explican,aqueles que sexan pertinentes en cada caso, as características máis notables e senlleiras de cada obra.

Formalmente cada obra exponse nun panel, no que se mostrará a súa arquitectura a través de fotografías actuais e de época, plantas ou seccións debuxadas para a ocasión, debuxos orixinais e outros documentos. A composición destas imaxes completarase coa inserción de breves textos, referidos aos campos temáticos oportunos e identificados, cada un deles por unha cor.
Os paneis inferiores estarán ocupados pola grafía das datas de proxecto das obras e imaxes icónicas referidas ao contexto temporal, nacional e internacional, con referencias gráficas a outras obras artísticas e acontecementos sociopolíticos.


Os CAMPOS TEMÁTICOS propostos son:

Os ideáis modernos
O formulación ortodoxa da arquitectura moderna galega maniféstase, con frecuencia, de forma fragmentaria. As obras seleccionadas ofrecen diversos aspectos, xa sexan formais, funcionais ou
construtivos, nos que se ensaia, con especial intensidade, o ideario do Movemento Moderno.

Modernidade e identidade

A identidade histórica e cultural galega aparece frecuentemente reflectida nas obras de arquitectura moderna. En numerosas ocasións a tradición construtiva e a significación do material (como a pedra) caracteriza as solucións modernas, noutras é a relación do edificio co contorno (a través de pautas volumétricas), ou a estilización de formas tradicionais (como a reinterpretación do poleiro).

 

Modernidade e territorio
As obras modernas inseridas nun contorno rural, xa sexan vivendas, equipamentos ou industrias, establecen e propoñen, de forma especialmente intensa, un diálogo entre arquitectura e territorio, no que a modernidade mostra a súa capacidade para adaptarse ás circunstancias ambientais ou afirmar o seu carácter abstracto e tecnolóxico.


A cidade moderna

A idea moderna de cidade, combativamente oposta á cidade histórica, manifestouse en Galicia en circunstancias senlleiras: un territorio intensamente humanizado e unhas cidades que non medraron significativamente ata a década dos anos sesenta. Estas circunstancias favoreceron a expresión da idea de cidade moderna desde o potencial de determinadas obras, de maior alcance
propositivo que o seu contorno inmediato.


Salón de Actos de COAG Lugo

17 decembro 2010- 27xaneiro 2011

luns a venres de 10:00-14:30h.