Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/04/2011 | Cursos

Curso de modelización e prácticas experimentais para a certificación enerxética de edificios

OBXECTO DO CURSO

Capacitar aos profesionais da edificación no manexo dos programas informáticos de referencia relacionados coa eficiencia enerxética: LIDER, CALENER VYP E CALENER GT, mediante métodos experimentais e resolución de casos prácticos

 

DIRIXIDO A

- Profesionais relacionados co deseño e verificación de sistemas relacionados co consumo de enerxía en edificación, particularmente arquitectura, sistema de climatización, iluminación e enerxías renovables.

- Estudantes de últimos cursos e posgrao en Escolas de Enxeñerías (Superior e técnica) e Arquitecturas (Superior e técnica).

REQUISITOS PARA A ADMISIÓN

- Dereitos de inscrición: 60 €

- Dispor dun ordenador portátil que cumpra os requirimentos asociados ao uso dos programas de referencia (*)

- Acreditar mediante CV actualizado os coñecementos indicados anteriormente.

 

:: DATAS DE IMPARTICIÓN

O curso constará de 36 horas lectivas e será impartido nas principais cidades da Comunidade Autónoma de Galicia en 9 xornadas de tarde (16:00 a 20:00), nos lugares indicados a continuación:

 

PROVINCIA Impartición Fecha límite inscrición

Santiago de Compostela 26-04 ao 12-05 14/04

A Coruña 10-05 ao 26-05 02/05

Lugo 24-05 ao 09-06 16/05

Pontevedra 07-06 ao 23-06 30/05

Ourense 21-06 ao 07-07 13/06

 

Tratarase de respectar ao máximo as datas indicadas. Por motivos técnicos ou organizativos, as datas poderían ser modificdas. Neste caso, informarase a través da páxina web e por correo electrónico aos inscritos, sempre antes das datas límite indicadas para a preinscrición.

 

:: MAIS INFORMACIÓN E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN