Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/04/2011 | Revista de prensa

A Xunta outorga a aprobación definitiva o PXOM de Lugo

Lugo, 29 de abril de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgou a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Lugo. O departamento que dirixe Agustín Hernández vén de trasladar esta decisión a través dunha orde remitida esta mesma mañá ao Concello de Lugo.

Na orde faise constar, non obstante, que quedan pendentes de aprobación determinados ámbitos de solo urbanizable rural e urbano nos que hai que introducir modificacións e que só afectan ao 5% do solo do municipio.

Para solucionar esta cuestión, o concello de Lugo deberá redactar agora un novo documento de refundido composto polos ámbitos aprobados nesta orde (o 95% do solo do concello), as modificacións recollidas na mesma (5% do solo) e os cambios acordados polo pleno municipal na aprobación provisional. Logo dos trámites oportunos, someterse a aprobación definitiva este documento de planeamento. 

O concello de Lugo remitiu o pasado 3 de febreiro á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o PXOM para seu estudo. Unha vez que os técnicos analizaron o documento, e o compararon coas consideracións sinaladas na orde anterior de Non Aprobación que emitiu a Consellería o 13 de novembro de 2009, comprobouse que a maioría das deficiencias recollidas na mesma, foron emendadas ou xustificadas no documento que aprobou provisionalmente o Pleno Municipal celebrado o 30 de decembro de 2010. 

Asemade neste Pleno Municipal tamén se acordou introducir, una serie de cambios derivados de condicionantes dos informes sectoriais que nese momento aínda non estaban reflexados no planeamento que forma parte da documentación do PXOM. 

O 5% da superficie
En relación cos solos urbanizables e reiterando o sinalado na orde de Non Aprobación ao PXOM do Concello de Lugo emitida pola Consellería de Medio Ambiente o pasado 13 de novembro de 2009, non se pode clasificar como urbanizables terreos nos que concorran circunstancias que determinan a súa clasificación como solo rústico, agás xustificación axeitada. Neste senso a necesidade de crecemento non xustifica a destrución dos valores do solo rústico. Este ámbito ten una superficie de 7.665 m2, o que supón o 0,0023 % da superficie do PXOM.

Respecto dos solos de núcleo rural, non se corrixiron todas as áreas de expansión sinaladas na anterior Orde de Non Aprobación de por incumprir o disposto no artigo 13 da LOUG, xa que afectan a terreos que conforme ao artigo 32.2 debían ser clasificados como solo rústico de especial protección de infraestruturas, zona de policía de cursos fluviais e xacementos arqueolóxicos. Así como revisar as delimitación respecto ás distancias de 50 e 200 metros. Dos 258 solos de núcleo rural do Concello, 60 teñen que revisar as delimitacións das áreas de expansión. A superficie do solo urbanizable que queda suspendida, correspondente a un total de 20 ámbitos, suma 5.591.440 m2, o que equivale ao 1,696 % da superficie do PXOM.

Por último, sobre os solos urbanos requírese ao Concello que complete, acredite e xustifique diversa documentación respecto dun solo urbano con planeamento incorporado (URPI 11) respecto do documento examinado na Orde de Non Aprobación. Ademais dunha cuestión normativa, relacionada co criterio de formación dos chafráns. Dos 258 solos de núcleo rural do Concello, 60 teñen que revisar as delimitacións das áreas de expansión. A superficie destes 60 núcleos rurais suma 9.510.731 m2, o que supón o 2,88 % da superficie do PXOM.

O concello de Lugo tardou un ano e tres meses en subsanar a maior parte do documento. Neste tempo técnicos sa Secretaria Xeral de Urbanismo e o e concello reuníronse hasta en 4 ocasións para axilizar a redacción do mesmo

O concello de Lugo réxese por un PXOM aprobado o 27 de decembro de 1990. En setembro de 1997 contratou a redacción dun novo PXOM, obxecto desta orde de aprobación definitiva. A Xunta concedeu ao Concello de Lugo unha axuda para redacción de cartografía por importe de 303.670 euros.

ver a nova completa