Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/06/2011 | Reunións

XUNTA ORDINARIA DA DELEGACIÓN DE LUGO

A Xunta Directiva de Lugo decidiu, na reunión celebrada en Lugo o 13 de xuño de 2011, convocar Xunta Ordinaria de Delegación, para o vindeiro mércores 29 de xuño as 19:30 e 20:00 horas (primeira e segunda convocatoria) no Salón de Actos da Delegación.

A Orde do día será:

1. Lectura e Aprobación, se procede, da Acta da Xunta de Delegación anterior.

2. Presentación da nova Xunta Directiva.

3. Informe Estado Delegación de Lugo.

4. Informe Xunta Xeral Extraordinaria do 24 de maio. Postura da Delegación de Lugo ante a alegación dun colexiado.

5. Informe de Presidencia da Xunta de Goberno do COAG de 20 de xuño.

6. Fondo Social da Delegación de Lugo. Postura da Delegación para o seu Uso e Disposición.

7. Rogos, preguntas e propostas.

Convocatoria da Xunta Delegación de Xuño 2011