Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

09/07/2011 | Concursos

NOVIDAD. CONCURSO ASISTENCIA TÉCNICA REDACCIÓN PROXECTO DEPUTACIÓN DE LUGO

Foi presentado un Recurso Potestativo de Reposición así como a solicitude de suspensión do acto recurrido, por parte do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, porque se considera que o prego de condicións non se axusta á lexislación vixente en materia de contratación pública.

Concurso asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de
execución do “Centro de Día e Residencial en Becerreá”

Anuncio
LICITACIÓN
Aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada con data 19 de maio de 2011 a contratación do servizo de asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución do “Centro de Día e Residencial en Becerreá”.


1. Tramitación do expediente.
a) Organismo: Deputación Provincial de Lugo
b) Obtención de documentación e información e Dependencia que tramita o expediente: Servizo de
Contratación e Fomento.
d) Domicilio: San Marcos 8
e) Localidade e código postal: Lugo 27001
f) Teléfono: 982260066
h) Correo electrónico: contratacion@deputacionlugo.org
i) Dirección de Internet de perfil de contratante: http://www.deputacionlugo.org/

2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: Servizo
b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución do “Centro de Día e Residencial en Becerreá”.
c) CPV: 71200000-0

3.Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto e selección da oferta económicamente máis vantaxosa.
c) Criterios de adxudicación (Ver cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas)

c.1. Honorarios redacción. (ata 40 puntos.

c.2. Prazo de entrega (ata 10 puntos).

c.3. Calidade constructiva e arquitectónica da edificación proposta, calidade da implantación na parcela,urbanización proposta (ata 50 puntos).

4. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto 87.000,00 euros. IVE (18 %) . Importe total 102.660,00 euros.

5. Garantías esixidas. Provisional (importe) 2.610,00 euros. Definitiva ( 5 %) do prezo
de adxudicación sen incluir IVE.

6. Requisitos específicos do contratista
a) Capacidade e solvencia (Ver prego de cláusulas administrativas)

7. Presentación de ofertas
a) Prazo: 2 meses, contados dende a data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
b) Modalidade de presentación persoalmente, no rexistro da Deputación, ou ben mediante envío por mensaxeiría
ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envio por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC, o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día ao órgano de contratación, por fax, télex ou telegrama, a remisión da proposición.
c) Lugar de presentación
a. Dependencia: Rexistro da Exma. Deputación provincial de Lugo en
horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres, e de 10:00 a 14:00 os sábados
b. Domicilio: San Marcos Nº8
c. Localidade e código postal: Lugo 27001
d. Fax: 982260186
d) Admisión de variantes: Non

8. Gastos de publicidade: Por conta do contratista

Lugo, a 30 de maio de 2011 –

O SECRETARIO XERAL. Jose Antonio Mourelle Cillero
R. 2824

Pregos