Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/07/2011 | Convocatorias

O CSCAE CONVOCA O PREMIO ARQUITECTURA ESPAÑOLA

Baixo a Presidencia de Honor de S.A.R. O Príncipe de Asturias, convócase o PREMIO DE ARQUITECTURA ESPAÑOLA - 2011, PARA RECOÑECER A CALIDADE DAQUELAS OBRAS DE NOVA PRANTA, OU DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS -sempre que fora tratado o edificio como unidade arquitectónica e o resultado da rehabilitación configure a totalidade do mesmo- REALIZADAS EN ESPAÑA POR ARQUITECTOS ESPAÑOIS OU EXTRANXEIROS, que se acabaran no bienio 2009-2010. Ó tratarse dun Premio de Honor non comporta dotación en metálico.

O Premio de 2009 foi concedido ó Pabellón de España na Expo Zaragoza 2008. Francisco José Mangado Beloqui (foto).

 

As obras poderánse presentar ata as 15:00 horas do día 20 de xullo de 2011 e virán propostas por algunha das seguintes institucións:

  • Os Colexios de Arquitectos
  • As Reais Academias de Belas Artes,
  • As Administracións Públicas de carácter nacional, autonómico ou local.
  • As Escolas Técnicas Superiores de Arquitectura,

así como por

  • A Comisión de Selección, ou por
  • Un mínimo de quince arquitectos,

e deberán contar coa aceptación expresa dos arquitectos autores das mismas.

Descargar bases completas (pdf)