Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/07/2011 | Reunións

XUNTA EXTRAORDINARIA DA DELEGACIÓN DE LUGO

A Xunta Directiva de Lugo, na reunión celebrada o 20 de xullo de 2011, decidiu convocar unha Xunta Extraordinaria de Delegación, para o vindeiro xoves 28 de xullo as 19:30 e 20:00 horas (primeira e segunda convocatoria) no Salón de Actos da Delegación.

A Orde do día será:
1. Informe da Xunta Directiva ós colexiados da Delegación de Lugo do Acordo adoptado na Xunta de Goberno do luns 18 de xullo de 2011, así como dos debates e as informacións manexadas na mesma e que motivaron a decisión final.
2. Rogos, preguntas e propostas.

Convocatoria Xunta Extraordinaria Delegación

Malia que as circunstancias obrigan a celebrar a devandita xunta extraordinaria en fechas de moitas ausencias, contamos que a importancia do asunto a tratar sexa unha motivación para conseguir a máxima asistencia posible.