26/07/2011
CONVOCATORIA DE 7 PRAZAS DE ALUMNOS COLABORADORES PARA O PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011-2012
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca sete PRAZAS DE ALUMNOS COLABORADORES para arquitectos colexiados, para dar apoio nas accións formativas que se levarán a cabo no curso académico 2011-2012 dentro do ‘PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011-2012’, que se celebrarán nas sete delegacións do Colexio.
Os sete ALUMNOS COLABORADORES seleccionados estarán asignados a unha das delegacións do Colexio de Arquitectos e estarán exentos do pago da matrícula naqueles cursos integrados no ‘Plan de Formación Continua 2011-2012’, organizados dende o Servizo de Formación do Colexio.
Non existen adxuntos asociados
Non existen imaxes asociadas
Non existen videos asociados