Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/07/2011 | Cursos

CURSO DE ARQUITECTURA DA PAISAXE

ESCOLA GALEGA DA PAISAXE. FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
VIII Curso

Este curso organizado pola Escola Galega da Paisaxe diríxese a titulados universitarios de grao medio ou superior que desenvolvan a súa actividade en proxectos e/ou execución de obras de arquitectura, xardinería e paisaxismo, así como a estudantes dos últimos cursos de carreiras técnicas con vocación de especializarse dentro deste campo.

Participarán especialistas de primeiro nivel tanto nacionais como internacionais e desenvolverase na Sede da Escola Galega da Paisaxe en San Pedro de Nós (Oleiros).

A data de comezo será o venres 30 de setembro e rematará o día 30 de outubro. Os relatorios terán lugar os venres pola tarde e os sábados pola mañá.

O prazo de matrícula remata o día 23 de setembro e a admisión, excepto para as prazas reservadas para alumnos con bolsa da Fundación e alumnos do Master de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, pecharase por rigoroso orden de inscrición.

Curso de Arquitectura da Paisaxe. VIII Curso