Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/07/2011 | Cursos

CURSO ESPECIALIZACIÓN: BIOCONSTRUCCIÓN, EFICIENCIA E MATERIAIS SOSTIBLES

CURSO ON-LINE. ECO UNIÓN

Actualmente vivir nunha vivenda con baixo consumo de enerxía e auga, que manteña a calor en inverno e o frío en verán, sexa respectuosa co medio e beneficiosa para a nosa saúde é un luxo ao alcance duns poucos.

A construción é un sector básico para a economía global pero desafortunadamente non se caracteriza pola súa conciencia ecolóxica: non utiliza un modelo sostible de crecemento e son cada vez máis os expertos que falan da necesidade de adaptar criterios ecolóxicos para garantir non só a conservación do medio e a saúde dos consumidores, senón tamén a súa viabilidade económica actual.

A bioconstrucción rexorde como alternativa ao modelo convencional ao concibir a edificación de maneira que se aproveiten ao máximo os recursos naturais e se reduza o seu impacto ambiental na natureza e nas persoas. Unha das súas principais metas é a eficiencia enerxética, utilizando técnicas de construción que minimicen ou prescindan da utilización de enerxías convencionais. No proxecto de construción téñense moi en conta a localización e a orientación da edificación para aproveitar ao máximo os recursos naturais de luz e calor, o uso de materiais axeitados seleccionados a partir da análise do seu ciclo de vida e a minimización e xestión dos residuos.

Contidos: Os contidos do curso ofrecen un enfoque teórico e metodolóxico holístico das estratexias de bioconstrucción en interacción cos aspectos ecolóxicos, económicos e sociais e aborda a relación directa entre o sector da construción e o desenvolvemento sostible ao mesmo tempo que formula alternativas ao modelo de construción masiva convencional actual que derivan cara a un novo modelo de arquitectura sostible, auto-eficiente e respectuosa co ámbito.

ECO-UNIÓN

 

BIOCONSTRUCCIÓN, EFICIENCIA E MATERIAIS