Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
28/07/2011 | Cursos
A FUNDACIÓN SOTAVENTO GALICIA con INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) como colaborador e o apoio económico do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), convocan 5 cursos de formación.
Co fin de conseguir os obxectivos marcados polo "Plande Ahorro e Eficiencia Enerxética 2008-2011" aprobado polo Goberno de España e o "Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública de Galicia" englobado dentro do Plan Enerxético Galego 2007-2012, impártense estes cursos sobre CERTIFICACION ENERGETICA DE EDIFICIOS: "APLICACIÓN DE SOLUCIÓNS TÉCNICAS INNOVADORAS".
O obxectivo destes é proporcionar aos asistentes a capacitación e os materiais necesarios en materia lexislativa de eficiencia enerxética, certificación enerxética de edificios en relación coa aplicación de solucións técnicas innovadoras, modelización e medidas experimentais de eficiencia enerxética, así como os estándares actuais de sostibilidade na edificación: LEDE, BREEAM, PASSIVHAUS, LIDER, CALENER.
Os cursos impartiranse do 5 de setembro ao 7 de outubro de 2011.
5 cursos, cunha duración de 32,5 horas (1 SEMANA).
Impartición destes no Parque Eólico Experimental Sotavento.
CURSOS GRATUÍTOS:
Promovidos pola FUNDACION SOTAVENTO, INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA, IDAE - AFORRA ENERXÍA.