Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2011 | Concursos

PREMIOS CERÁMICA ARQUITECTURA E INTERIORISMO DÉCIMA EDICIÓN

Os Premios contan coas categorías de Arquitectura, Interiorismo e Proxecto Fin de Carreira (PFC). As categorías de Arquitectura e Interiorismo contan cun premio en metálico de 20.000 Euros, mentres que a categoría de PFC ten unha dotación de 8.000 Euros.

Poden optar aos Premios profesionais e obras tanto españolas como de calquera outra nacionalidade. O único requisito é ter utilizado na parte formal do edificio Cerámica de España.

ASCER conta co apoio de Vodafone e PortValencia para a organización dos Premios Cerámica. Tamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e IMPIVA.

Foron Premio Cerámica: Pavillón de España en Expo Zaragoza, de Patxi Mangado; a remodelación da c/ San Vicente (Burriana, Castelló) de José Durán; Pavillón Español en Expo Aichi (Xapón) de FOA Architects; a rehabilitación do Mercado de Santa Caterina (Barcelona) de EMBT Arquitectes; o Pazo de Congresos de Peñíscola (Castelló) de Paredes Pedrosa; etc.

Poden acceder ao informe de prensa cos resultados da IX edición e descargar as memorias, planos e fotografías dos proxectos gañadores dende:
www.dossierpremiosceramica.com

Prazo de inscrición aberto ata o 25 de outubro de 2011.

Fallo do xurado: novembro.

Premios Cerámica Décima Edición