Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2011 | Revista de prensa

LA VOZ DE GALICIA "A CONSTRUCIÓN SOFRE O PEOR DERRUBAMENTO NOS ÚLTIMOS 22 ANOS"

A crise e a endémica falta de plan urbanístico na maioría dos concellos galegos están a xerar o peor momento do sector da construción de vivendas en Galicia dos últimos 22 anos. As variacións do parque de vivendas que dende 1990 recompila o Instituto Galego de Estatística (IGE) non reflexa dende entón unha caída das dimensións que as licenzas de construción de nova planta están a sufrir nos cinco primeiros meses do 2011, período no que só se levaron a cabo 889 novas edificacións, das que 710 foron destinadas a uso residencial. A devandita cifra debuxa un novo chan no derrubamento na construción de vivendas dende o 2007, ano que marca o momento culmen do bum da construción en Galicia. Entón levantáronse de xaneiro a maio 3.158 edificacións máis que nos cinco primeiros meses do ano actual, co que a caída entre ambos os dous exercicios ascende ao 78%.

LA VOZ DE GALICIA_01/09/2011

Un tercio de los municipios no han registrado ningún inmueble en 12 meses