Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/09/2011 | Noticias

CARTA ABERTA DA XUNTA DIRECTIVA DE LUGO

O pasado martes 6 a Xunta Directiva da Delegación de Lugo remitiu a todos os membros da Xunta de Goberno de COAG así como ás Xuntas Directivas unha Carta Aberta.

Damos traslado desta de modo resumido a continuación, indicando que a versión íntegra desta se pode obter no enlace á parte privada que aparece ao pé desta páxina.

Invitámosvos a todos á reflexión asi como a que amosedes as vosas opinións, se o considerades oportuno a través das contas de correo de cargo.

 

"Estimados Compañeiros,

Dende a Xunta Directiva da Delegación de Lugo, desexamos achegar as seguintes aclaracións:

Como cremos que vos consta, a Delegación de Lugo leva meses dando pasos en pro de facer efectivas solucións co obxectivo de contribuír activamente á resolución da difícil situación económica pola que está a pasar o Colexio Oficial de arquitectos de Galicia.

Por iso, consecuentes co acordo da nosa xunta de delegación do 29/06/2011, poñemos a disposición da Área de Finanzas unha conta de crédito.

Esta proposta axústase ao considerado pola Área de Finanzas en xunta xeral extraordinaria.

Como se vén repetindo esta situación preténdese temporal.

As datas estivais contra as que non podemos actuar, retardaron o proceso de estudo da operación por parte da nosa entidade bancaria, atrasando a nosa decidida intención de resolver este tema para tranquilidade de todos (e queremos subliñar isto).

A nosa vontade mantívose e  se manterá nesa liña.

Unha análise superficial ou intencionada pode reducir a nosa "resistencia" a simple egoísmo e insolidariedade. Certamente, sabemos que só a nosa oportuna posición positiva nolo permite: dese modo esta xunta directiva pretende "defender a todos os arquitectos de Galicia, sen excepción".

A Xunta Directiva da delegación en Lugo do COAG
"

 

Carta Aberta da Xunta directiva de Lugo a Xunta de Goberno e Xuntas Directivas_05-09-2011

(Unha vez que se acceda á parte privada da web, atoparase o documento na carpeta Xunta Directiva Coag Lugo)