Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2009 | Noticias

Presentación do novo portal COAGLUGO

Estimados compañeiros:

 

Iniciamos con esta páxina web un novo instrumento de comunicación da nosa Delegación coa idea de facer máis áxil pero tamén máis visible a relación entre o Colexio e os colexiados.

Pretendemos con ela varias cousas:

· Que as actividades desta demarcación do COAG, acaden a repercusión que merecen e cheguen a todos os ámbitos do colexio.

· Que os colexiados da delegación estean puntualmente informados de todos os feitos nos que a Delegación teña algo que dicir ou facer, sen menoscabo do emprego doutros medios de comunicación que se sigan empregando.

Estas breves notas non só pretenden informarvos de cales son os obxectivos desta nova actividade da Delegación. Tamén queren alentar a vosa participación nela, para darlle substancia á mensaxe que queremos transmitir desde esta pantalla: Lugo existe non só nos mapas, tamén no traballo diario de moitos arquitectos que reclaman a súa participación no Colexio a través das súas ideas, da súas reflexións, das súas obras, que queremos ver reflectidas aquí.

Alberte González Rodríguez

Presidente da Xunta Directiva da Delegación de Lugo do C.O.A.G.