Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

18/09/2011 | Reunións

XUNTA ORDINARIA DA DELEGACIÓN DE LUGO

Convocatoria de Xunta Ordinaria de Delegación

Xoves - 22 de Setembro de 2011

A Xunta Directiva de Lugo decidiu, na reunión celebrada en Lugo o 7 de setembro de 2011, convocar Xunta Ordinaria de Delegación, para o vindeiro xoves 22 de setembro as 19:30 e 20:00 horas (primeira e segunda convocatoria) no Salón de Actos da Delegación.

A Orde do día será:

1. Lectura e Aprobación, se procede, das Actas anteriores.

2. Informe de Xunta Directiva sobre a situación económica colexial e xeral da Delegación.

3. Informe do Decano.

4. Adopción dos acordos de Delegación.

5. Rogos, preguntas e propostas.

 

O Decano colexial, D. Jorge Duarte anuncia a súa presenza na nosa Asemblea da Delegación.

Na parte privada da web colexial e nos vindeiros días colgaremos os documentos necesarios para dita Xunta de Delegación.

Invitámosvos tamén a que amosedes as vosas opinións e comentarios a través do correo electrónico: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org dende contas oficiáis do colexiado ou físicamente no rexistro da Delegación. Recordámosvos tamén que dende fai algúns meses a Delegación de Lugo dispón dun perfil de facebook COAG Lugo aberto as vosas opinións.

Únicamente serán admitidas e tidas en conta as que se remitan ou envíen debidamente identificado o seu asinante.

CIRCULAR LUGO Nº 10-2011

 

Púxose a disposición dos colexiados de Lugo, na parte privada documentación relativa a esta Asemblea. Encóntrase en carpeta específica ASEMBLEAS/ASEMBLEA 03-2011 Setembro