17/09/2011
O Concello de A Coruña, a través da súa Concellaría de Medio, Territorio e Infraestruturas, considerou oportuno re-estudar o tramo do bordo litoral da enseada do Orzán na devandita cidade, co obxectivo de proceder á identificación de actuacións de tipo xeral e pequenas intervencións urbanas que posibiliten unha mellor relación entre a cidade, o tráfico, o medio físico e o cidadán de cara a lograr unha mellora da mobilidade e enfiar perspectivas da cidade cara ao medio natural (praia, mar, etc), que aínda é posible redescubrir ou mellorar.
Sobre a base destas reflexións considerouse a acción de promover a convocatoria dun concurso de ideas aberta a todos os cidadáns para a elección da mellor proposta para a reordenación do bordo litoral da cidade da Coruña, posto que se considera que esta é a mellor vía para a obtención dun bo resultado, por canto garante a publicidade da iniciativa, así como a apertura de posibilidades a todos os coruñeses e demais interesados no desenvolvemento da nosa cidade.
Para tal efecto considerouse oportuno contar coa colaboración dos colexios oficiais de Arquitectos de Galicia e de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia. Para iso as tres institucións asinan un convenio polo cal o Goberno Municipal requiriu a ambos os dous colexios o apoio técnico preciso para a convocatoria deste concurso, que permita materializar en propostas concretas o obxectivo sinalado.
Para participar no concurso non se esixe ningunha competencia profesional. O concurso está aberto á participación de calquera cidadán interesado.
Presentación dos traballos: Ata ás 14,00 horas do día 45 dende a publicación na páxina web do Concello de A Coruña.
PREMIOS
Os premios deste concurso serán sufragados polos Colexios profesionais colaboradores, en virtude do convenio asinado para o efecto.
Os premios consistirán en pagamentos aos participantes premiados e serán os seguintes:
1 er Premio. 10.000 euros.
2º Premio. 5.000 euros.
1 Accésit. A para a mellor proposta de tratamento do bordo de contacto entre o paseo e a praia. 2.000 euros.
1 Accésit. A decisión do xurado. 2.000 euros.
Mencións. O Xurado poderá acordar a mención de cantos proxectos considere merecedores de tal distinción.
As cifras anteriores inclúen respectivamente as porcentaxes de IVE e aplicaráselles a retención fiscal correspondentes.
O concurso poderá declararse deserto nalgún ou todos dos seus premios soamente se o Xurado considera unanimemente que non poden outorgarse por non haber propostas que resulten suficientemente satisfactorios para os obxectivos do concurso e merecedores de tal distinción.
Con posterioridade, e de forma totalmente independente á resolución deste concurso de ideas, o Concello poderá realizar encargos, a profesionais competentes, para a redacción de proxectos baseados total ou parcialmente nas propostas gañadoras, mediante os procedementos de contratación, que correspondan segundo a vixente Lei de Contratos do Sector Público.
CONCURSO DE IDEAS ORZÁN A CORUÑA