Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

19/09/2011 | Concursos

3ªEDICIÓN PREMIO ARQUIA 2012

A Fundación Caixa de Arquitectos lanzou a convocatoria dirixida a todos os arquitectos, existindo dúas vías de participación:

1. Directamente, rexistrándose como "arquitecto próximo" na web http://fundacion.arquia.es/proxima/ ata o 31 de decembro de 2011. Publicaranse os proxectos que se ateñan ás bases da convocatoria, que se desexen presentar concurso. Estes formarán parte da galería on-line e poderán ser seleccionados para o catálogo e a exposición on-line.

2. A través do embaixador nomeado para Galicia, Carlos Pita, col. nº 1696. O embaixador propoñerá a participación de 10 obras, para o cal solicita que se lle envíen propostas antes do 26 de setembro, á seguinte dirección de correo: arquia.proxima.galicia2011@gmail.com. Para entrar nesta selección enviaranse a este correo-e aqueles proxectos, accións sociais, accións culturais e formativas e investigación en dous paneis A1 en formato pdf, contendo fotos, documentación gráfica e unha pequena memoria en word de non máis de 2.500 carácteres.

Bases da convocatoria

Incribirse como arquitecto próximo