Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/09/2011 | Cursos

MÁSTER SOBRE VALORACIÓNS E CIENCIA INMOBILIARIA ON LINE

Por ser de interese para os Arquitectos das Administracións Pública, informámosvos que o CIVAT volve convocar este ano dous másters on line, un en Enxeñaría da Taxación e Valoración e outro en Ciencias Inmobiliarias.

O Centro de Investigación en Valoración e Taxación (CIVAT) pertence ao Centro de Enxeñaría Económica (INECO) da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e está formado por profesores da UPV que desenvolven as súas actividades docentes e investigadoras no ámbito da Valoración e Taxación de diversos activos: inmobles rurais, inmobles urbanos, obras de arte, patrimonio arquitectónico, bens de equipo, activos financeiros, empresas, activos intanxibles, etc.

Ten como obxectivo a realización de investigacións, asesoramento e ensino na área da valoración e taxación, en colaboración con outras universidades españolas e estranxeiras, así como cos colexios profesionais e a administración pública.

Ingeniería de la Tasación y Valoración

Ciencias Inmobiliarias