Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/09/2011 | Revista de prensa

EL PAIS: "O CONSELLO DE ARQUITECTOS CONTRA O CONCURSO PARA O AUDITORIO DE LUGO"

As obras do edificio que albergará o futuro Auditorio de Lugo previsto para dentro de tres anos non arrancan con bo pé.

Os arquitectos que gañaron o concurso para deseñalo, o estudo García de Paredes-Pedrosa, de Madrid, van recorrer unha decisión, que cualifican de "insólita e que pasa por enriba do resultado dun concurso", levada a cabo por parte da Consellería de Medio e Infraestruturas, que adxudicou a dirección de obra a outro equipo diferente, Hermo Iglesias Veiga Arquitectos, S L. O estudo que gañou o proxecto conta co apoio de Consello Superior de Arquitectos de España.

EL PAIS_22/09/2011