Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

28/09/2011 | Cursos

PROCESO DE MATRICULACIÓN DO iCOR

CONDICIÓNS DE MATRICULACIÓN DO icor

Matrícula aberta preferentemente a todos os arquitectos colexiados de Galicia, pero tamén a todos os interesados que non teñan dita titulación. Por este motivo existen dous cadros de custos de matriculación propios dos arquitectos colexiados ou dos non colexiados (non é necesaria ningunha titulación).

Tendo en consideración que algunha das ponencias teñen limitado o seu aforo, é que se poida elixir na medida do posibles aquelas que realmente lles interesen, adoptouse o acordo de poñer á disposición dos interesados cinco posibilidades de matriculación para o Seminario e o Workshop.

O proceso de matriculación terá os seguintes pasos e prazos:

  •  Xoves 29 de setembro a partires das 10:00.

Apertura do proceso de preinscrición.

Os interesados deberán solicitalo empregando o documento tipo de solicitude colgado na web  www.coaglugo.es ou no blog “icor.coaglugo.es”.

As solicitudes poderán ser presentadas no rexistro da Delegación de Lugo do COAG (en horario de 10 a 14 horas) ou de xeito dixital mediante o envío á dirección: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org.

  •  Luns 3 de outubro, ata as 14:00.

Á ultima hora da tarde colgarase na páxina web  www.coaglugo.es un listado actualizado por orden de entrada de todos os interesados que solicitaron a súa preinscrición. Indicarase nese momento o número da conta na que se deberá facer o ingreso.

  •  Martes 4 de outubro.

Iniciarase a matriculación de todos os preinscritos seguindo as instrucións do listado colgado o luns 3.

  •  Luns 10 de outubro.

No caso de existiren prazas vacantes, por non ser solicitadas ou por non efectuar o pago os solicitantes preinscritos abrirase un novo plazo de matrícula que rematará o xoves 13 de outubro.

Os interesados en matricularse deberán cubrir o modelo de solicitude indicando na mesma o tipo de matrícula elixida, xunto coas características específicas (nº colexiado, ano de titulación para os interesados en participar no laboratorio…).

Unha vez efectuado o pago da matrícula elixida no período establecido, deberá presentarse na delegación dentro do período establecido (documentación física ou dixitalmente na dirección indicada con anterioridade) o xustificante de pago e copia do título.

Todas as cuestión ou dúbidas referidas ó proceso de preinscrición, matriculación ou seguimento das actividades de formación serán decididas por un Comité de seguimento do COAG Lugo.