Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/10/2011 | Convocatorias

XUNTA DE DELEGACIÓN EXTRAORDINARIA 20 OUTUBRO

A Xunta Directiva de Lugo, decidiu convocar unha Xunta Extraordinaria de Delegación, para o vindeiro xoves 20 de outubro ás 19:30 e 20:00 horas (primeira e segunda convocatoria) no Salón de Actos da Delegación.

Convocatoria de Xunta Extraordinaria de Delegación

Xoves - 20 de Outubro de 2011

A Orde do día será:

1. Lectura e Aprobación, se procede, da Acta anterior.

2. Informe da Xunta Directiva ós colexiados da Delegación de Lugo do Acordo non unánime, adoptado na Xunta de Goberno do luns 26 de setembro de 2011, polo que se procede ó Apoderamento de tódalas contas colexiais nos cargos de Secretaria e Tesoureiro do COAG. O mesmo tempo acórdase reducir o número total de contas colexiais actuais. Por tal motivo someterase á decisión asemblearia a posibilidade ou non de emprender accións contra este acordo ou anteriores da Xunta de Goberno.

3. Á petición dun grupo de colexiados desta Delegación, e trala debida exposición da cuestión, someterase á decisión asemblearia a posibilidade de constituír unha Asociación de Arquitectos de Lugo.

Circular 12-2010. Convocatoria Xunta Extraordinaria