01/11/2011
Nacida en 1950, Martha Schwartz é unha das arquitectas da paisaxe máis prestixiosas do mundo, cunha traxectoria de máis de trinta anos, oficinas en Estados Unidos e Europa e numerosos premios internacionais. Schwartz estivo recentemente na Coruña para participar no curso de Arquitectura da Paisaxe que organiza a Fundación Juana de Vega.