logotipo coag lugo

COAG LUGO - Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo


Buscador
COAG LUGO


03/11/2011

SEMINARIO INTERNACIONAL iCOR. CAMBIO DE SITUACIÓN RELATORIOS FINAIS

Esta semana conclúe o Seminario Internacional iCOR, cos relatorios de José Aguiar, Blanca Besteiro e Mesa Redonda e debate final. O lugar da celebración é o salón de actos do Centro de empresas e innovación do Concello de Lugo CEI-NODUS (A dirección é AvdaCoruña 490, Lugo).

Módulo 5. Cor e Cidade Histórica

Profesor D. José Aguiar Portela Da Costa

Arquitecto.  Presidente do Icomos Portugal. Profesor na facultade de Arquitectura da Universidade de Lisboa.

Os días 04/11/2011 (16 a 20 horas) e 05/11/2011 (10 a 14 horas) o Profesor José Aguiar Portela Da Costa, impartirá a sua ponencia sobre a Cor e Cidade histórica.

O programa a desenvolver será:

Culturas da cor e da cal, entre o mediterráneo e o atlántico: a arquitectura tiña cor e o ornamento non era un delito!

Levantamento e caracterización histórica de revestimentos e acabados exteriores a base de ligantes minerais.

Reapropriación dos antiguos saberes construtivos: restitución por

referencia ás prácticas históricas.

Estudio, planeamento e proxecto da cor no patrimonio urbano.

Avances recientes no coñecemento e investigacións de referencia

Alguns casos de estudio: aplicación de metodoloxías de base científica para a análise e intervención cromática no patrimonio urbano.

Módulo 6. Cor e Cidade Histórica

Dna. Blanca Besteiro García

Restauradora.

O día 05/11/2011 (16 a 20 horas) Dona Blanca Besteiro García, impartirá a sua ponencia sobre a Cor e Cidade histórica.

O programa a desenvolver será:

Traballo de investigación das cores históricas  no Burgo Vello de Lugo: o barrio da Tinería.

Módulo 7. Mesa Redonda e Debate

O Seminario rematará cunha Mesa Redonda e de Debate o día 05/11/2011 (18 a 20 horas), na que participarán:

D. José Aguiar Portela Da Costa, Doutor arquitecto. Presidente do Icomos-Portugal. Profesor na Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa.
Dª. Blanca Besteiro. Restauradora.
D. Adolfo de Abel Viela. Doutor en Xeografía e Historia. Escritor.
Dª. Monica Alonso. Doutora en Belas Artes. Artista plástica.
Dª. Carmen Lamela Vieira. Doutora en Socioloxía. Profesora titular UDC.
D. Julio Reboredo Pazos. Licenciado en Historia.  Catedrático de Historia en Educación Secundaria.

Modera: Dª. Ángeles  Castro Dapena. Arquitecta. Comisión de Cultura COAG Lugo

Contaremos tamén coa presencia da Concelleira de Economía, Dª Sonia Méndez como responsable da Área na que se inclúe a Oficina do Plan Urban.

Compartir con...



ADXUNTOS


Non existen adxuntos asociados


IMAXES


seminario-internacional-icor-cambio-de-situacion-relatorios-finais - Arquitectura - COAG - Lugo seminario-internacional-icor-cambio-de-situacion-relatorios-finais - Arquitectura - COAG - Lugo seminario-internacional-icor-cambio-de-situacion-relatorios-finais - Arquitectura - COAG - Lugo

VIDEOS


Non existen videos asociados


COAG
Rúa Puro Cora xornalistas, 1
27002, Lugo
Tel: 982 230 011 Fax: 982 245 557