07/11/2011
Tras a conclusión das xornadas e relatorios do Seminario Internacional iCOR celebrarase os días 18, 19 e 20 de novembro o Workshop. Existen prazas dispoñibles aínda para participar.
Se abre un novo prazo para poder solicitar a inscrición nesta actividade.
O número de conta no que se deberá efectuar o ingreso ou transferencia é o seguinte: La Caixa 2100-2183-51-0200243461. Previamente deberase enviar a solicitude de inscrición á dirección: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org, para á confirmación de prazas libres.
Os asistentes deberán acudir o Workshop con ordeador portátil, instalado o programa Photoshop ou similar e cunha cámara dixital.
Profesores: Mario Bisson, Cristina Boeri, Valentina Vezzani.
Laboratorio Colore, Dipartimento Indaco, Politecnico di Milano
Desenvolverase en 3 días, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de novembro cunha duración total de 24 horas, 8 diarias.
Entender como utilizar do mellor xeito posible a cor é un tema central, non só para os artistas senón tamén os arquitectos, os deseñadores e en xeral os proxectistas, que aínda que traballan de maneira habitual o cromatismo, a miúdo teñen un coñecemento pouco preciso dos aspectos psico-físico-perceptivos que van unidos á utilización da cor.
Engadir que o éxito dun proxecto pode depender dunha elección correcta da cor e da capacidade de inserirse positivamente no ambiente construído: particularmente na cidade e nun modo máis xeral na paisaxe urbana.
A finalidade do curso é transmitir teóricamente un coñecemento básico da cor e os aspectos que van unidos á súa percepción, partindo dunha proposta cromática eficaz para chegar a profundizar nos aspectos metodolóxicos e instrumentais, que van en estreita unión co proxecto da cor.
Particularmente profundizarase no tema dos Plans de Cor e da cualificación/recualificación da cidade, a través da valorización das súas cores e da súa imaxe cromática.
O workshop está articulado en sesións teóricas e talleres prácticos.
Maña: Cor e percepción; con intrínsico e cor percibida, a compoñente cromática no proxecto
Tarde: Individualizar o caso obxecto de estudo sobre o cal operar e organizar as fases do proxecto, relevos fotográficos e cromáticos.
Maña: Planificación da cor urbana, planos da cor, significado da cor na cidade contemporánea.
Tarde: Elaboración de hipóteses proxectuais de intervención crómatica sobre o caso de estudo individualizado
Maña: Síntese do traballo e preparación da presentación.
Tarde: Presentación e debate dos traballos presentados.