logotipo coag lugo

COAG LUGO - Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo


Buscador
COAG LUGO


07/11/2011

V XORNADAS-TALLER PAISAXE CULTURAL: CORREDORES VERDES. 23-26 NOVEMBRO

A Escola Galega da Paisaxe celebra unhas Xornadas sobre os Corredores Verdes dende o 23 ao 26 de novembro no Pazo de Mariñan.

O valor ambiental dos corredores verdes é indubidable e así recólleo a ampla normativa existente nesta materia, tanto a nivel local como europeo. Non obstante, quedarnos na visión puramente ambientalista deste tipo de estruturas sería renunciar á gran potencialidade que teñen os corredores como elementos estratéxicos de planificación e ordenación do territorio, tanto na escala urbana coma na escala rexional.

A súa función de conectividade permite establecer a costura de diferentes espazos, estruturar o territorio, dotalo de xerarquía e reforzar as otencialidades de cada unha das zonas que atravesa para conseguir en conxunto xerar mecanismos que van máis alá da simple suma das partes que o integran. Determinar os fluxos e intercambios de enerxía destes sistemas constitúe unha ferramenta poderosa nas estratexias de desenvolvemento sostible.

 

 

Compartir con...



ADXUNTOS



IMAXES


v-xornadas-taller-paisaxe-cultural-corredores-verdes-23-26-novembro - Arquitectura - COAG - Lugo

VIDEOS


Non existen videos asociados


COAG
Rúa Puro Cora xornalistas, 1
27002, Lugo
Tel: 982 230 011 Fax: 982 245 557