Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/11/2011 | Concursos

CONCURSO "XARDÍN DAS IDEAS" NO CLAUSTRO DO MUSEO DE LUGO. FALLO

A auga será un elemento máis do Museo Provincial. A Deputación fallou onte o concurso convocado para humanizar o claustro do antigo convento de San Francisco e os gañadores son dous arquitectos cataláns, Lluis Alavedra Torrella e Joaquim Cano Biosca, cun anteproxecto titulado 'Acqua'.

Os autores propoñen crear pequenos estanques con láminas de auga, plantas acuáticas e un sutil sistema de iluminación, segundo puido saber este diario, xa que a Deputación comunicou o fallo pero rexeitou informar sobre o proxecto ata a súa presentación pública.

EL PROGRESO_10/11/2011

LA VOZ DE GALICIA_10/11/2011