Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/12/2011 | Xornadas

Xornada Técnica: DIAGNOSE, APLICACIÓN E RESTAURACIÓN DA CAPA DE SUFRIMENTO

O COAG Lugo, coa colaboración co COAAT Lugo, a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo e Red Verde de Bioconstrucción s.l., organiza unha Xornada técnica para dar a coñecer as características das materias primas implicadas na realización de deseños complexos baseados no equilibrio natural que ofrecen as materias naturais.

Xornada Técnica: DIAGNOSE, APLICACIÓN E RESTAURACIÓN DA CAPA DE SUFRIMENTO.
Relator: Joaquin Melchor. ArtCont
Organiza: COAG (Delegación de Lugo)
Colaboran: COAG Do. de Lugo, COAAT de Lugo, Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo e Red Verde de Bioconstrucción s.l.

Lugar: Sala de Conferencias de CaixaGalicia. Praza de Santa María. Lugo
Data: 16 Decembro 2011
Horario: de 10 á 14 h.

A arquitectura é o ámbito no que máis tempo investimos na vida. Concibida como protección contra as forzas da natureza, tamén foi o colector perfecto para a observación do que consideramos afín sendo así que non tan só nos protexe se non que á súa vez protexe gran parte da nosa creación. Encerramos a nosa creación nun ámbito arquitectónico para asegurar a súa observación.

A calidade sostible no tempo deste colector é primordial para que a evolución creativa poida ter unha continuidade impregnando deste xeito á súa propia forma nunha sinerxía imparable.

Lonxe de desdeñar o aspecto exterior da arquitectura, os nosos esforzos diríxense cara ao interior desta procurando unha escena acolledora para quen ha de utilizala e así poida impregnar o ambiente coa súa vivencia e simbolismo.

D. Joaquin Melchor Rojas, durante a súa ampla bagaxe, en diferentes disciplinas iniciado en 1986, adquire experiencia na manipulación e moldeado da materia, así como coñecementos en deseño de cor e liña, co fin de desenvolver metodoloxías que garantan que os deseños sexan realizados fieis ao orixinal. Deseños únicos de alto valor engadido baseados no equilibrio natural da forma, a textura e a cor cuxa linguaxe intemporal mostra a tónica xeral da súa obra, realizada grazas ao control da metodoloxía que, tras varias experiencias en pedagoxía, hoxe pon a disposición do profesional que desexa mellorar o seu oficio baixo o método aprender traballando" (learnning by doing).

El Progreso_16/12/2011