logotipo coag lugo

COAG LUGO - Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo


Buscador
COAG LUGO


09/12/2011

INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL DO CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo modificará, previsiblemente a Ordenanza municipal sobre Conservación, Rehabilitación e Estado ruinoso dos edificios que regula a Inspección Técnica dos Edificios, así como o Convenio subscrito cos Colexios de Arquitectos e de Aparelladores de Lugo.

Por este motivo, e en previsión da celebración dunha Xornada Técnica específica, a Delegación de Lugo do COAG pon a disposición dos colexiados a conta de secretario.lugo@colexiodearquitectos.org para formular suxestións, dúbidas ou aclaracións que sobre estas Inspeccións e os pertinentes Informes, así como a modificación de ordenanza puideran existir.

Todas elas serán tidas en conta e aclaradas na Xornada a celebrar, organizada por ambos os dous Colexios Oficiais en colaboración co Concello de Lugo e que será debidamente anunciada en próximas datas.

Compartir con...



ADXUNTOS


Non existen adxuntos asociados


IMAXES


inspeccion-tecnica-de-edificios-modificacion-da-ordenanza-municipal-do-concello-de-lugo - Arquitectura - COAG - Lugo

VIDEOS


Non existen videos asociados


COAG
Rúa Puro Cora xornalistas, 1
27002, Lugo
Tel: 982 230 011 Fax: 982 245 557