Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

09/12/2011 | Noticias

ARQUETING. PROGRAMA PARA O CÁLCULO DE CUSTOS, HONORARIOS E CARGA DE TRABALLO

ARQUETING, pon a disposición dos profesionais unha interesante e útil ferramenta: Cálculo de Costes y Honorarios.

Calcula os custos xerais e laborais dun estudo de arquitectura de ata 20 empregados. Calcula tamén as horas de traballo e custos variables que require un encargo de edificación de diferentes tipoloxías e tamaños.

E deduce os honorarios a cobrar por un encargo, tales que aseguren unha determinada rendibilidade. Proporciona automaticamente valores razoables para a maior parte dos valores, como as cotas da HNA, da seguridade social, ou as do seguro de responsabilidade civil de Asemas. Así se simplifica moito a introdución de datos: abondará con anotar os específicos do encargo e dar por bo o demás.Discrimina as horas requiridas, os custos e os honorarios, por fases do encargo e por empregado, un instrumento eficaz para controlar o desenvolvemento do traballo.

Facilita o axuste de factores estratéxicos do estudo, como a capacidade excedente, o esforzo en mercadotecnia, a produtividade ou o posicionamento, axudando así ao arquitecto a tomar decisións e controlar estes compoñentes. A velocidade coa que se obteñen os resultados, e o sistema de gardado de arquivos facilitan os tenteos, moi necesarios en ámbitos fortemente competitivos como os que afectan aos arquitectos no exercicio libre da súa profesión. Esa mesma velocidade permite ao arquitecto ofrecer ao seu cliente un presuposto dos seus servizos en moi poucos minutos, sen erros nin esquecementos.