Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/12/2011 | Noticias

INAUGURACIÓN OFICIAL DO LABORATORIO iCOR

O Alcalde de Lugo visitou o Laboratorio iCOR na Delegación provincial do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O xoves 22 de decembro o Alcalde de Lugo visitará a Delegación de Lugo do COAG co fin de inaugurar de modo oficial o Laboratorio iCOR. Este Laboratorio é resultado do Convenio asinado entre o Concello de Lugo e a Delegación do COAG Lugo para a realización dun estudo sobre a cor nunha área da cidade. Este acordo entre ambas as dúas entidades permitiu o desenvolvemento dun Seminario Internacional Cor e Cidade desenvolvido nos meses de outubro e novembro así como un Workshop específico con relatores do Laboratorio da Cor da Universidade Politécnica de Milán no mes de novembro.

Unha vez realizada a fase formativa do proxecto iCOR iníciase o Laboratorio iCOR. O programa iCOR céntrase nun aspecto esencial da rehabilitación dos edificios como é a análise do código cromático da cidade, como modo de afondar na mellora da cidade, a mellora da paisaxe urbana e en concreto nas cores propias dos edificios, tan importantes na definición da súa identidade.

Laboratorio iCOR. Ensanche da Ramella

Desenvolverase durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro e o seu fin será a formación de 10 arquitectos na elaboración de plans de cor. Coordinados por profesionais con experiencia na intervención no patrimonio e na xestión de equipos de arquitectos.

Elaborarase un traballo final, que será o establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

O ámbito de traballo correspóndese co que poderiamos chamar ao ensanche interior do s.XX de Lugo (ver plano adxunto) proxectado por Luis Vázquez (1878), Cobreros (1892) e Juan de Mendoza (1903). Dende o punto de vista arquitectónico é bastante homoxéneo e, por ultimo, é unha parte da cidade que merece ser recuperada e reavaliada (hoxe en día un tanto "escura" -rúa Quiroga Ballesteros no seu tramo entre a praza de abastos e a rúa Bolaño Rivadeneira-) e un pouco afastada ou esquecida (tramo oeste da rúa Amor Meilán).

Por todo nos parece que este ámbito ofrece importantes posibilidades para a potenciación ambiental dunha parte do casco histórico que merece ser vista dende a perspectiva do ensanche da cidade de primeira metade do s.XX.

NOVAS CONCELLO DE LUGO

EL PROGRESO_22/12/2011

SCALAE_AGENCIA DOCUMENTAL DE ARQUITECTURA