27/12/2011
O Colexio de Arquitectos (COAG) de Lugo presentou ao Concello unha proposta de revisión da ordenanza que regula as inspeccións técnicas de edificios (Ites) na que formula un abaratamento de varios trámites.
Se sae adiante, a principal rebaixa beneficiará aos propietarios de vivendas que non realizan a Ite no período que lles corresponde e que polo tanto pasan a vía executiva e é o Concello o que, tras multalo, fai o traballo de oficio e logo llo pasa ao cobramento.