Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/09/2009 | Noticias

5 de outubro. Día Mundial da Arquitectura 2009

O Consello da Unión Internacional de Arquitectos, reunido na cidade de San José (Costa Rica) do 15 e 16 de Febreiro pasado, adoptou o seguinte tema para o Día Mundial da Arquitectura 2009: "A Enerxía dos Arquitectos contra a Crísis Global".

Por vocación e a través da natureza da profesión, convócase os arquitectos a desenvolver unha misión holística baseada nas súas habilidades técnicas, culturais, económicas e sociais. O arquitecto debe realizar decisións individuais, de grupo e colectivas nestas áreas en cada paso:
do deseño á execución, mantemento e reciclaxe. Os logros e éxitos da realización arquitectónica dependen en boa medida do alento e a enerxía do arquitecto en cada unha das etapas e relacións cos seus socios ou socias.  Sen importar a escala ou natureza do proxecto, o arquitecto é o motor que impulsa esta complexa maquinaria.