Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
28/12/2011 | Noticias
AITIM ofrece durante 2012 unha subscrición gratuíta da súa revista a arquitectos e arquitectos técnicos colexiados ata cubrir un número de 1000 subscricións.
A revista, con 6 números ao ano, envíase por correo postal.
Esta revista, de 64 páxinas, está dedicada a obras en madeira, produtos, deseño, normativa, etc.
Con esta iniciativa AITIM pretende dar a coñecer os produtos e obras dos seus socios e outras empresas no campo da madeira na construción.
As solicitudes de subscrición gratuíta poden realizarse a través da páxina web de AITIM: SUBSCRICIÓN GRATUÍTA PARA ARQUITECTOS