Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

19/01/2012 | Noticias

LUIS FERNÁNDEZ GALIANO RECIBE O I PREMIO FIERA DE ARQUITECTURA

A Universidade de Navarra entregou o I Premio FERA de Arquitectura a Luis Fernández Galiano, catedrático en Proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid (ESTAM) e director das revistas AV/Arquitectura Viva, pola súa implicación na difusión da arquitectura moderna.

O galardón outorgouse no marco da II Feira Internacional de Editoriais e Revistas de Arquitectura, que reuniu na escola de arquitectura de Navarra os editores dalgunhas das revistas de arquitectura máis importantes do mundo.

Luis Fernández Galiano, que pronunciou unha conferencia na Escola de Arquitectura de Navarra tras recibir o galardón, recalcou que un dos maiores 'vicios' do sector foi "o uso de caudais públicos sen control nin reflexión abondo". "Isto ás veces agrávase polo narcisismo dalgúns dos que interveñen en todo o proceso", dixo.

SCALAE_AXENCIA DOCUMENTAL DE ARQUITECTURA