Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

26/01/2012 | Noticias

REGULAMENTO HONORARIOS SERVIZOS ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA EN ALEMAÑA

Por considerar de interese para todos nós poñemos á vosa disposición o Regulamento sobre os honorarios por prestación de servizos de arquitectos e enxeñeiros en Alemaña.

O Texto traducido que reproducimos corresponde á última versión das tarifas de honorarios aplicables en Alemaña, para servizos de Arquitectura e Enxeñaría. Cremos oportuno dar a coñecer os seus contidos e estruturas, como punto fundamental de referencia no ámbito europeo.

As súas tres características fundamentais son:

  1. Trátase dunhas tarifas de honorarios de uso obrigatorio. Non é, polo tanto, unha táboa de baremos orientativos ou un sistema de información sobre custos.
  2. Sonnos aplicables cando o profesional que presta o servizo está establecido noutro Estado membro da UE e quere exercer unha prestación de servizos puntual en Alemaña. Por este motivo, as autoridades alemás, incluído o Goberno, estiman que o seu mantemento non é contrario ao Dereito Comunitario.
  3. Están autorizadas por unha norma con rango de Lei, polo que existe unha cobertura estatal que xustifica a súa necesidade por interese xeral e defensa dos usuarios e clientes.


Descarga o Regulamento sobre os honorarios de arquitectos e enxeñeiros - HOAI en pdf (2.95 MB)