Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/02/2012 | Noticias

CONCELLO DE LUGO. MODIFICACIÓN DA ORDENANZA E O CONVENIO DAS ITE

A Aprobación inicial da Ordenanza reguladora das Inspeccións Técnicas dos Edificios, posibilita cambios entre os que haxa a derrogación do visado obrigatorio. Dende a toma de posesión da actual xunta directiva iniciáronse os contactos pertinentes coa administración local para mellorar a ordenanza municipal e o convenio asinado polo Concello, o Colexio de Arquitectos e o Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, adecuándoo ademais ás obrigas legais mínimas.

PROCEDEMENTO DE REXISTRO E CUSTODIA COLEXIAL DE INFORMES DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS (ITE) NO COAG

Para a tramitación da documentación de laws ITEs establecidas polas ordenanzas municipais, e sobre a base das obrigas que a LOUGA (art.º 200) e certas ordenanzas establecen para a súa presentación no colexio profesional do técnico redactor, recórdase o procedemento habilitado polo COAG en cumprimento do acordo de XG para a custodia de ITEs.

Será obxecto desta tramitación unicamente a documentación correspondente á Inspección Técnica de Edificios segundo a ordenanza municipal correspondente.

Por este motivo, e en previsión da celebración dunha Xornada Técnica específica, a Delegación de Lugo do COAG pon a disposición dos colexiados a conta de secretario.lugo@colexiodearquitectos.org para formular suxestións, dúbidas ou aclaracións que sobre estas Inspeccións e os pertinentes Informes, así como a modificación de ordenanza puideran existir.

Todas elas serán tidas en conta e aclaradas na Xornada a celebrar, organizada por ambos os dous Colexios Oficiais en colaboración co Concello de Lugo e que será debidamente anunciada en próximas datas.