Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/02/2012 | Publicacións Técnicas

ATLAS DA VULNERABILIDADE EN ESPAÑA

Dende a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento publicouse unha nova ferramenta de análisis urbano: o "ATLAS DA VULNERABILIDADE URBANA EN ESPAÑA".

Trátase dunha aplicación de cartografía dinámica en liña que permite analizar as múltiples dimensións da vulnerabilidade urbana a nivel de sección censal en todos os municipios de España. Realizouse a partires dos datos do Censo de Población e Vivendas de 2011, estando prevista a súa actualización unha vez que estén dispoñibles os datos do novo Censo de 2011.O "Atlas da Vulnerabilidade Urbana" en España permite analizar a vulnerabilidade urbana a nivel de sección censual en todos os municipios de España. Realizouse a partir dos datos do Censo de Poboación e Vivendas de 2001, estando prevista a súa actualización unha vez estean dispoñibles os datos do novo Censo de 2011.

O Atlas organízase en 4 dominios:

Indicadores de Vulnerabilidade Urbana
. Preséntanse 21 mapas temáticos, correspondentes a 21 Indicadores de Vulnerabilidade Urbana agrupados en 4 grandes temas: Vulnerabilidade Sociodemográfica (5 indicadores), Vulnerabilidade Socioeconómica (6 indicadores), Vulnerabilidade Residencial (5 indicadores) e Vulnerabilidade Subxectiva (5 indicadores). Destes 21 indicadores, considéranse Indicadores Básicos de Vulnerabilidade Urbana (IBVU) os 3 seguintes: Porcentaxe de poboación no paro, Porcentaxe de poboación sen estudos e Porcentaxe de poboación en vivendas sen servizo ou aseo.

Análise contextual da Vulnerabilidade Urbana. Permite realizar mapas comparando os indicadores de vulnerabilidade de cada sección censual co contexto municipal, rexional (Comunidade Autónoma) ou nacional, representando o número de veces en que o valor dunha determinado indicador (21 en total) nunha sección censual está por debaixo ou por enriba do valor no municipio, a Comunidade Autónoma ou en España.

Índices de Desigualdade Urbana. Ofrece dous grandes Índices (sintéticos) de Desigualdade, calculados a partir dos 3 Indicadores Básicos de Vulnerabilidade Urbana (IBVU): o IDS (Índice de Desigualdade Socioeconómica) e o IDU (Índice de Desigualdade Urbana). Cada un destes Índices pode referenciarse respecto ao municipio, a Comunidade Autónoma ou respecto ao conxunto de España.

Índices Sintéticos de Vulnerabilidade Urbana (Clasificación Multicriterio). Permite representar mapas de clasificación multicriterio da vulnerabilidade urbana, nos cales cada sección censual é clasificada a nivel nacional, ou no seu contexto rexional (Comunidade Autónoma). Para cada un destes dous universos ofrécense 5 Índices sintéticos: Clasificación Multicriterio Global, Clasificación segundo Criterios Sociodemográficos, Clasificación segundo Criterios Socioeconómicos, Clasificación segundo Criterios Residenciais e Clasificación segundo Criterios Subxectivos.

Ademais permítese ao usuario personalizar as súas análises, superpoñendo ás coropletas a representación por medio de símbolos das variables cuantitativas (poboación, vivendas, etc) máis destacadas.

PORTAL DO SOLO E POLÍTICAS URBANAS_ATLAS

ATLAS VULNERABILIDADE URBANA