Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/02/2012 | Exposicións

MINISTERIO DE FOMENTO. EXPOSICIÓN

O Ministerio de Fomento mostra a evolución da arquitectura española durante os últimos 35 anos, na Sala de La Arquería de Nuevos Ministerios ata o 7 de maio.

A sala de exposicións do Ministerio de Fomento, La Arquería, acollerá dende mañá xoves e ata o próximo 7 de maio a 'Arquitectura española (1975-2010) +35 anos construíndo democracia', organizada polo Ministerio de Fomento comisariada polos arquitectos Antonio Ruiz Barbarin e Héctor Barrio, e patrocinada por Repsol e a fundación ACS, ademais de contar coa participación de Iguzzini e Otis.

A mostra recolle o mellor da arquitectura española dende 1975 ata 2010. Abrangue máis de 200 proxectos que transformaron o panorama arquitectónico do noso país realizados por 130 equipos de arquitectos, dos que se expoñen sesenta maquetas.

Dende 1975, cada ano vai encabezado por unha obra, á que acompañan outros traballos para axudar a perfilar mellor o panorama ou as tendencias deste.

O obxectivo desta mostra é lograr que o visitante poida apreciar a transformación da paisaxe urbana española a través dun percorrido cronolóxico. Toda a arquitectura se materializa en ámbitos como a saúde, a vivenda, a educación, o transporte, o deporte, a cultura ou o medio a través da construción de edificios e infraestruturas.

MINISTERIO DE FOMENTO_Nota de prensa

ARQUITECTURA ESPAÑOLA (1975-2010) + 35 AÑOS CONSTRUYENDO EN DEMOCRACIA