Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/09/2009 | Exposicións

II Mostra do Concurso Acertos e Desastres (2006)

No 2005 celebrouse a II Edición do concurso Acertos e Desastres. O prólogo da publicación do segundo certame comenzaba:

Transcorreron dous anos dende a primeira formulación dos concursos de ACERTOS e DESASTRES, entón coincidente cunha apertura mediática ó maltratado panorama urbanístico-arquitectónico do País Galego que, afortunadamente, non se reduciu a nova dun día ou "trebón de verán". Dende entón, este problema foi lembrado, comentado, expuxéronse opinións e análises explicativos, e incluso foi obxecto de atención programática no último encontro político-electoral no eido autonómico.
As solucións para endereza-lo rumbo desta situación han vir dende múltiples eidos e direccións, é un asunto no que incide o individual e o colectivo, o público e o privado, ó que afecta o económico e o educativo; é resultado dun determinado ámbito e categoría cultural, case ningunha acción que incida no natural ou materialice unha noción cultural é allea ó problema.

....

(Wenceslao Posada)

O archivo adxunto conten o catálogo que se editou cos resultados do concurso. Nel aparece a relacción de galardoados, accesits e mención da edición 2005 do concurso.