Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/02/2012 | Formación

eHABILITA REHABILITACIÓN EFICENTE: FORMACIÓN ON LINE

O Proxecto eHabilita é unha iniciativa desenvolvida por Energylab que se enmarca no programa empleaverde 2007-2013 da Fundación Biodiversidade e que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Este Proxecto ofrece formación presencial, on-line, un taller experimental, publicacións e asesoramento on-line, todos eles de carácter gratuíto.

Dentro da formación on-line encontramos o "Curso de Lexislación e sistemas de certificación energértica" que ten como obxectivos; mellorar os coñecementos dos destinatarios en relación á lexislación de aplicación para a análise e o deseño de proxectos máis eficientes enerxeticamente. E o "Curso de eficincia en rehabilitación" cuxo obxectivo principal é a aplicación das novas tecnoloxías de deseño, xeración, distribución e xestión enerxética que afectan á rehabilitación das vivendas, permitindo unha gran redución dos custos enerxéticos.

Achegamos o folleto da formación on-line ao obxecto de poder realizar difusión entre colaboradores, asociados e/ou colexiados, e no que se atopa información máis detallada sobre esta actividade, así como a dirección web do proxecto;
www.ehabilita.com.