Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/02/2012 | Concursos

CONCURSO ESPACIOS BJC-DELTA

BJC-Delta organiza o primeiro concurso que promove a integración do pequeno material eléctrico nun espazo: o concurso Espacios BJC-delta. Está dirixido a todos os arquitectos/ás que traballen actualmente en España, profesionais do deseño, interioristas e estudantes destas disciplinas; podendo presentarse individualmente ou en equipos de ata catro membros, así como estudos de arquitectura.

O concurso divídese en dúas categorías, segundo a modalidade que elixan os participantes. Por un lado, a categoría obra acabada consiste na presentación de obras rematadas ata xuño 2012 nas que o uso de pequeno material de BJC ou DELTA sexa evidente no conxunto da obra; por outro lado, a categoría proxecto creativo consiste en integrar pezas de pequeno material nun espazo da forma máis orixinal e creativa posible.

Os participantes poderán inscribirse ata o próximo 1 de maio mediante correo electrónico e recepción de notificación de recibo en: concursoespacios@gmail.com. Á súa vez, a entrega de propostas finalizará o 1 de xuño de 2012.

Achegamos as bases administrativas do concurso e animámosvos a que, se considerades que pode ser de interese para vosos colexiados/estudantes e demais profesionais, axudédenos a facer difusión. Encontraredes máis información sobre Espazos BJC-delta no seguinte enl
ace.
http://www.architect.bjc.es/concurso-espacios-bjc-delta/