Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/02/2012 | Noticias

PREMIO DRIEHAUS 2012. MICHAEL GRAVES

Michael Graves (Indianápolis, 1934) foi o gañador da última edición do Premio Richard H. Driehaus, un galardón dotado con 200.000 dólares que outorgan cada ano dende 2003 a Notre Dame School of Architecture de Indiana para recoñecer aqueles arquitectos que contribuísen á introdución dos principios da arquitectura clásica na sociedade contemporánea. Segundo o xurado do premio, o norteamericano «mellorou a profesión de arquitecto co seu talento e coñecemento; e tamén contribuíu a mellorar a vida cotiá coa súa inspiración, dándolle un deseño fermoso e accesible... La calidade e o alcance do seu traballo mellorou a forma de traballar, vivir e interactuar en espazos públicos e privados en Estados Unidos». Graves recibirá o premio o próximo 24 de marzo no transcurso dunha cerimonia que terá lugar en Chicago.

ARQUITECTURA VIVA (27.02.2012). "Michael Graves, Premio Driehaus 2012"

OBRAS WEB. "Notre Dame premia al arquitecto Michael Graves"

UNIVERSITY OF NOTRE DAME. THE RICHARD H. DRIEHAUS PRIZE 2012.