Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/03/2012 | Concursos

PREMIO ARQUITECTURA CLÁSICA E RESTAURACIÓN MONUMENTOS. RAFAEL MANZANO MARTOS

Este premio convócase para recoñecer a obra ou traxectoria dun profesional da Arquitectura que desenvolvese a súa actuación en España conforme ás seguintes bases:


1. Poderán participar todos os arquitectos activos que desenvolvesen a súa profesión en España polo menos durante dez anos.


2. O premio concederase atendendo á contribución que o premiado realizase ao campo da arquitectura dentro do respecto aos seus principios clásicos, ben na restauración de monumentos e ámbitos urbanos de valor artístico e histórico, ben na realización de obras de nova planta integradas harmonicamente nos devanditos ámbitos. O premio poderá concederse valorando unha obra concreta ou as obras realizadas ao longo da vida profesional do premiado.

3. O premio estará dotado con 50.000 euros e unha medalla conmemorativa. Non poderá dividirse nin declararse deserto.

4. Os candidatos deberán remitir antes do 30 de abril de 2012 a seguinte documentación:

Dúas cartas de presentación subscritas por arquitectos ou críticos de recoñecida solvencia.
Breve descrición da obra ou obras presentadas ao premio.
Curriculum profesional dun máximo de 500 palabras incluíndo nome, dirección, email e teléfono de contacto.
Xustificación dunha páxina de extensión resumindo os motivos polos que o candidato debe recibir o premio.
Ata dez imaxes fotográficas en formato dixital de proxectos realizados.

Toda a documentación, incluídos os datos de carácter persoal, será tratada con absoluta confidencialidade. Esta documentación deberá remitirse á seguinte dirección:

PREMIO DE ARQUITECTURA CLÁSICA E RESTAURACIÓN DE MONUMENTOS
RAFAEL MACEIRA MARTOS
FUNDACIÓN MAPFRE
Paseo de Recoletos, 23
28004 Madrid
Tel.: 91 581 95 96
Email: premioarquitectura@mapfre.com

5. Calquera membro do Xurado, así como os Colexios de Arquitectos e as Reais Academias de Belas Artes, poderán propoñer candidatos ao Premio, se así o estiman oportuno.

6. O Xurado estará composto por personalidades relevantes do mundo da Arquitectura e as Belas Artes.