Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/03/2012 | Emprego

CONCELLO DE LUGO. CONVOCATORIA PRAZA DE ARQUITECTO. APERTURA PRAZO SOLICITUDES

O pasado 3 de marzo o Concello de Lugo publicou no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria para unha praza de arquitecto.

Postos en contacto coa Área municipal responsable indicóusenos que en prazo curto sairía publicado no BOE o anuncio co que se iniciará o proceso de presentación de solicitudes para os interesados.

Hoxe, 20 de marzo de 2012, publícase no BOE o Anuncio co que se inicia o prazo de presentación de solicitudes para a praza de arquitecto perante un prazo de 20 días naturáis a contar a partir do seguinte ó desta publicación.

En todo caso a continuación incorporamos un extracto do publicado no BOP do día 3 de marzo.

"DECRETO NÚMERO: 12001080
Excmo. Sr. DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo.
Lugo, dezasete de febreiro de dous mil doce.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 2.04.2008, aprobou a Oferta de Emprego Público para o ano 2008, publicándose no Boletín Oficial da Provincia número 90 de data 19.04.2008.

Asi mesmo, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 8.02.2012, aprobou as bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de Arquitecto/a pertencente ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda libre, incluida na referida Oferta de Emprego.

Esta Alcaldía, en virtude das atribucións conferidas á Alcaldía polos artigos 124 e 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como do acordo nº 2/444 da Xunta de Goberno Local, do 27 de xuño do 2011, en relación cos Decretos nºs. 60/2011 e 70/2011 do Libro de Resolucións da Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, do 23 de xuño e 18 de xullo, respectivamente, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Convocar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición, para o acceso en propiedade a unha praza de Arquitecto/a, pertencente ó cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda libre, que se rexerá tanto polas Bases Xerais para o acceso en propiedade a plazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo. Concello de Lugo en quenda libre, aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 18.06.2008, publicadas no BOP número 157 de 9.07.2008 (modificadas polo citado órgano en sesión do 18 de febreiro de 2009, modificación que foi publicada no BOP número 051, do 4 de marzo de 2009) e polas bases específicas aprobadas por dito órgano na sesión do 8.02.2012, que seguidamente se transcriben:

“Bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de arquitecto/a pertencente ó cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda libre:

1º.- OBXECTO.- Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como funcionario/a de carreira, a unha praza de Arquitecto/a, do cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, en todo o que non estea previsto nas ‘BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA LIBRE’, aprobadas pola Xunta de Goberno o 18 de xuño de 2008 e modificadas polo citado órgano en sesión do 18 de febreiro de 2009.

O órgano competente da Corporación poderá adscribir ó/á aspirante nomeado/a, a través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.


2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
a) Denominación da praza: Arquitecto/a
b) Grupo de titulación: GRUPO A (subgrupo A1)
c) Outras características:
- Escala: administración especial
- Subescala: técnica
- Clase: superior

3º.- SISTEMA SELECTIVO. O sistema selectivo será o de oposición.

4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA:
Título de arquitecto superior.

5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Excmo. Concello de Lugo.

Ás solicitudes de participación deberá xuntarse a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. As taxas por dereito de exame para este grupo están fixadas en 19,50 €, de acordo coa Ordenanza fiscal número 119 vixente neste momento no Concello, téndose que estar en todo o relativo ós dereitos de exame co establecido na citada ordenanza. O aboamento da citada taxa farase en calquera das oficinas de Caixa Galicia, no número de conta 2091 0152 26 3110001309.

De conformidade, así mesmo, co previsto no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o importe da taxa por dereitos de exame poderá facerse efectivo mediante xiro postal ou telegráfico ou mediante transferencia á conta enriba sinalada.

6º.- PROCESO SELECTIVO
As probas selectivas que deberán superar as persoas aspirantes á praza a que se refiren estas bases específicas son as seguintes:

A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:

PRIMEIRO EXERCICIO. Teórico: desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 90 minutos, dun tema extraído ó chou de entre os comprendidos no temario de materias comúns.

O temario de materias comúns intégrano 18 temas, e figuran na base décimo sexta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre.

SEGUNDO EXERCICIO. Teórico: desenvolvemento por escrito de tres temas extraídos ó chou, un de cada unha das partes en que se divide o temario de materias específicas. A duración máxima para este exercicio será de catro horas.

TERCEIRO EXERCICIO. Práctico que constará de dúas fases: a primeira fase consistirá en realizar dous supostos prácticos, durante un período máximo de catro horas. A segunda fase consistirá en realizar outros dous supostos prácticos, durante un período máximo de catro horas. Os ditos supostos prácticos serán formulados polo tribunal inmediatamente antes do comezo dos exercicios correspondentes e estarán relacionados cos contidos do programa e coas funcións propias da natureza das prazas.

No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.

B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercicio e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo cuarta letra C das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo. Concello de Lugo en quenda libre.

A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.

7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS ..."


 

BOP Lugo_03.03.2012

BOE Convocatoria Arquitecto 20.03.2012