Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/03/2012 | Concursos

DEPUTACIÓN DE LUGO. I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO

A Deputación de Lugo, no marco dos actos conmemorativos do 10º aniversario da declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño pola Unesco, convocou o I Concurso de Fotografía dedicado a este espazo natural.

O certame está aberto á participación de todas aquelas persoas que estean interesadas, que poderán presentar as imaxes ata 2 27 de marzo no Rexistro Xeral da Deputación (Rúa San Marcos, 8 CP 27001).


Bases.

Primeira. Poderán optar ó premio todas as persoas interesadas, con obras que non se premiaran con anterioridade.

Segunda. As fotografías presentadas, realizaranse no territorio Reserva da Biosfera Terras do Miño, terán a auga como fío condutor e poderán orientarse nas seguintes temáticas:

» auga

» natureza

» patrimonio cultural e etnográfico

» tradicións

» gastronomía

» oficios e artesanía

Todas as fotografías terán que estar localizadas dentro da área da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Terceira. Establécense 3 premios en metálico do seguinte xeito:

» 1º premio: 800 €

» 2º premio: 400 €

» 3º premio: 200 €

(...)

O resto das bases no arquivo adxunto.