Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/03/2012 | Concursos

CONCURSO ESPACIOS BJC-DELTA

BJC-DELTA convoca o Primeiro Concurso de Deseño e Arquitectura.

Trátase do primeiro concurso de Deseño e Arquitectura promovido por BJC Architect, o portal para os profesionais da arquitectura e o deseño, co obxectivo de impulsar a integración de pequeno material eléctrico nun espazo. Está dirixido a todos os arquitectos/ás que traballen actualmente en España, profesionais do deseño, interioristas e estudantes destas disciplinas, así como estudos de arquitectura.

Participar no Concurso Espazos BJC-DELTA é tan sinxelo como facer unha foto dun espazo onde se aplique o pequeno material BJC ou DELTA. O certame reparte un total de 6.000 € e tamén premia o talento dos proxectos gañadores coa funcionalidade do iPad Touch.

O Concurso divídese en dúas categorías, segundo a modalidade que eligan os participantes:

1. Categoría Obra Acabada. Consiste na presentación de obras rematadas ata xuño 2012, nas que o uso de pequeno material de BJC ou DELTA sexa evidente no conxunto da obra.

2. Categoría Proxecto Creativo. Consiste en integrar pezas de pequeno material eléctrico BJC ou DELTA nun espazo da forma máis orixinal e creativa posible.

Participantes. O concurso está dirixido a todos os arquitectos que traballen actualmente en España, profesionais do deseño, interioristas e estudantes de arquitectura. Os participantes poden presentarse de xeito individual, formando equipos (de ata catro membros) ou como estudos de arquitectura.

Entrega. Consiste en dous DIN A3 en formato PDF que conteñan planos, imaxes do proxecto, texto descritivo ou calquera información que o concursante considere oportuna, respectando un peso máximo por arquivo de 4 MB.

Xurado.
- CEO BJC
- Responsable Siemens - Low Voltage Distribution (España)
- Arquitecto/Deseñador independente

Premios.

Categoría obra acabada:
- PRIMEIRO PREMIO: 2.250€
- SEGUNDO PREMIO: 1.250€
- MENCIÓNS: 1 iPod touch

Categoría proxecto creativo:
- PRIMEIRO PREMIO: 1.250€
- SEGUNDO PREMIO: 750€
- MENCIÓNS: 1 iPod touch

Todos os proxectos gañadores serán publicados nas canles de difusión propias de BJC e DELTA.

Calendario

RESOLUCIÓN DE CONSULTAS: Actualizadas durante o transcurso do concurso na web, no perfil
Facebook de BJC Architect, vía correo electrónico concursoespacios@gmail.com e teléfono 932 388 080.

ÚLTIMO DÍA PARA ENVÍO DE CONSULTAS: 15 de maio de 2012

ENTREGA DE PROPOSTAS: 1 de xuño do 2012

AVALIACIÓN DO XURADO: do 6 ao 15 de xuño de 2012

PUBLICACIÓN DE PROXECTOS GAÑADORES: setembro de 2012

ENTREGA DE PREMIOS: [data pendente de determinar]

2012. Concurso Espacios BJC - DELTA