Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/03/2012 | Emprego

PROYESTEGAL. OFERTA EMPREGO.

 

Puesto: Responsable Departamento de I+D (Proyestegal S.L.)

Empresa lucense do sector da enxeñaría no ámbito de: topografía, cartografa, obra civil, enerxías renovables, eficiencia enerxética, ground penetration radar, ordenación de territorio, fotogrametría, expropiacións, formación...busca para a súa oficina de Lugo responsable do departamento de I+D para realizar as seguintes funcións:

- Captación de financiamento e colaboradores para proxectos de I+D+i a nivel rexional, nacional e europeo. Xestión dos proxectos de I+D+i que realiza a empresa.

- Interface con colaboradores externos (grupos de investigación da Universidade, empresas, asociacións, plataformas, organismos de investigación, AAPP), captación de clientes, vixilancia do mercado, detección de oportunidades de negocio e de realización de proxectos.

- Interface cos nosos delegados en países estranxeiros. Apoio ao proceso de internacionalización.

- Tramitación de proxectos e axudas públicas para outras empresas. Servizos de consultoría.

- Mellora da organización, imaxe, relación cos clientes, grao de notoriedade/presenza no mercado e comunicación da empresa.

Características do posto:

- Mando intermedio.

- Xornada completa.

- Salario: en función da valía do candidato (mínimo non inferior ao convenio de oficinas de enxeñaría para licenciados ou enxeñeiros superiores).

- Contrato anual renovable en función do desempeño do candidato elixido. 3 meses de período de proba.

Coñecementos e experiencia requiridos:

- Enxeñeiro superior (agrónomo, de montes, camiños) ou arquitecto.

- Un ano de experiencia realizando tarefas similares e 3 anos mínimos de experiencia en total.

- Inglés obrigatorio. Realizarase entrevista en inglés. Outros idiomas valorables.

- Necesítanse coñecementos de xestión de proxectos e presupostos, certas nocións de contabilidade e economía non están de máis.

- Coñecemento dos programas públicos de axuda ás empresas, tanto en I+D+i como outros posibles programas de apoio, a nivel rexional, nacional e europeo. Programas de cooperación coas Universidades e a idiosincrasia propia aos proxectos de I+D+i son aspectos a valorar no responsable.

- Ferramentas 2.0 para recavar información.

- Polivalencia e flexibilidade, alto grao de iniciativa propia e excelentes dotes relacionais. Alta capacidade de análise e resolución.

- Mobilidade, dispoñibilidade permanente.

Enviar CV a: innova@proyestegal.com, 982254361, David Gil Santos

PROYESTEGAL