Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

28/03/2012 | Noticias

FUNDACIÓN ARQUITECTURA E SOCIEDADE: CONGRESO INTERNACIONAL DE ARQUITECTURA "O COMÚN"

A Fundación Arquitectura e Sociedade celebrará o seu II Congreso Internacional de Arquitectura, baixo o título "O Común", os días 20, 21 e 22 de xuño de 2012, no Pazo de Congresos e Auditorio de Navarra, Baluarte.

O Congreso contará coa presenza, entre outros, de tres arquitectos galardoados co Premio Pritzker: Álvaro Siza (Portugal, premiado en 1992), Rafael Moneo (España, premiado en 1996) e Eduardo Souto de Moura (Portugal, premiado en 2011).

Dirixido por Luis Fernández-Galiano, o Congreso contará coa presenza de destacados arquitectos e críticos da esfera internacional.
As sesións estarán estructuradas nos seguintes bloques temáticos: 'Apertura: A promesa da arquitectura´,
'Arquitectura e acubillo, Arquitectura e eficacia, 'Arquitectura e pracer ´ e 'O poder da arquitectura'.

En breve estará dispoñible o programa completo coa relación de convidados.

Datas: 20, 21 e 22 de xuño de 2012
Lugar: Palacio de Congresos e Auditorio de Navarra, Baluarte. Pamplona (Navarra)
Programa: Dispoñible nos próximos días


O I Congreso de Arquitectura organizado pola Fundación desenvolveuse baixo o título "Arquitectura: Máis por Menos" e está colgada infórma a completa.